Visitas guiadas á Fusquenlla

Podedes coñecer as instalacións d’A Fusquenlla este xoves 11 de novembro. Na Nave do Mercado estará instalado un posto informativo onde apuntarvos para os dous percorridos guiados, un ás 11:00h e outro ás 12:00h.
As visitas, en grupos de 10 persoas, repetiranse cos mesmos horarios na feira do 23 de novembro, así como ao remate do showcooking que se celebrará na Nave do Mercado durante a tardiña do día 12.
Máis información sobre o programa de difusión do centro, na web www.afusquenlla.gal
No event found!

Submit a Comment