Visitas nocturnas ao castelo con música

O Castelo ofreceranos visitas nocturnas a partir das 22.30h do sábado 24 de xullo, véspera do Día de Galicia. Ademais tamén poderemos percorrer a mostra “Galicia con Exín Castillos” que iluminará para a ocasión -igual que o resto de estancias da fortaleza- a fachada da grande reprodución da catedral de Santiago instalada no Centro de Interpretación das Revolucións Irmandiñas.

Estas visitas guiadas estarán ambientadas polo son da música do grupo familiar de virtuosas e virtuosos Keilin 4 Ensemble. O itinerario cultural e musical polo castelo farase en tres quendas quendas de 35 minutos de duración e cun aforo limitado a 40 persoas en cada unha delas, divididas en dous grupos de 20 e 20 participantes.

A actividade está cofinanciada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. As entradas terán o prezo habitual: 2,50€ a xeral, 2€ con Carné Xove, 1,50€ a reducida -maiores de 65 e menores de 12 anos- e de balde para aquela veciñanza empadroada en Moeche que teña ao día o seu pase anual. En todos os casos fai falla reserva previa a través do correo turismo@moeche.gal ou chamando pola mañá ao 981 404 006.

No event found!

Submit a Comment