Xeorruta por Mina Piquito

Dentro das accións de dinamización do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, o Concello de Moeche reedita as exitosas rutas que nos descobren as particularidades do toelo -un tipo de rocha case exclusiva da nosa zona- e dos espeleotemas que gardan as galerías de Mina Piquito.

A xeorruta desta xornada meteranos nas galerías de Mina Piquito. Ofrécense un máximo de 10 prazas por quenda para maiores de 11 anos. Haberá dous grupos, un ás 10 e outro ás 12.15h. As inscricións hai que facelas no formulario publicado aquí, que se activará sete días antes.  O prezo son 10€ -no formulario indícase como efectuar o pagamento- incluído o seguro.

Pode solicitarse máis información en turismo@moeche.gal

No event found!

Submit a Comment