Xeoruta do Toelo

O toelo -tamén coñecido como “pedra de Moeche”- é un material formado por serpentinitas e outros tipos de rocha que orixinariamente estaban no Manto Superior da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. Porén, os movementos das placas tectónicas fixeron que, hai millóns de anos, estas rochas aflorasen á superficie, aínda que en poucos lugares do mundo. Moeche é un deles e esta xeoruta descubriranos como se formou a pedra de Moeche e que usos se lle deron ao longo da historia, principalmente como material construtivo de grande beleza despois de traballado.

Achegarémonos á canteira de Penasalbas e á das Ferrarías, pero tamén se verán elementos destacados como os dinteis e mailo cruceiro da igrexa de San Xurxo. A ruta sairá ás 10.00h. do castelo de Moeche, a onde regresará ao remate para facer unha visita guiada polo Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña.

O grupos para esta xeoruta está limitado a 20 persoas  e o prezo da inscrición son 6€, incluído o seguro de accidentes e o percorrido guiado polo castelo.

As inscricións deben facerse a través dos formularios publicados no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com ou ben contactando coa Oficina municipal de Turismo no 981 404 006. As reservas ábrense 15 días antes de cada ruta.

No event found!

Submit a Comment