Xeoruta do Toelo

O toelo -tamén coñecido como “pedra de Moeche”- é un material formado por serpentinitas e outros tipos de rocha que orixinariamente estaban no Manto Superior da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. Porén, os movementos das placas tectónicas fixeron que, hai millóns de anos, estas rochas aflorasen á superficie, aínda que en poucos lugares do mundo. Moeche é un deles e esta xeoruta descubriranos como se formou a pedra de Moeche e que usos se lle deron ao longo da historia, principalmente como material construtivo de grande beleza despois de traballado.

Achegarémonos á canteira de Penasalbas e á das Ferrarías, pero tamén se verán elementos destacados como os dinteis e mailo cruceiro da igrexa de San Xurxo. A ruta sairá ás 16.30h. do castelo de Moeche, a onde regresará ao remate para facer unha visita guiada polo Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña.

O grupos para esta xeoruta está limitado a 20 persoas  e o prezo da inscrición son 6€, incluído o seguro de accidentes e o percorrido guiado polo castelo.

As inscricións deben facerse a través dos formularios publicados no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com ou ben contactando coa Oficina municipal de Turismo no 981 404 006. As reservas ábrense 15 días antes de cada ruta.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

No event found!

Enviar comentario