Xeoruta por Mina Piquito

Prosegue o calendario de xeorutas de verán, que desta vez nos levará ao interior de Mina Piquito. Trátase dunha explotación de cobre que estivo en activo durante boa parte do século XX e que hoxe está abandonada. Tralo cesamento da actividade no seu interior empezaron a formarse estalactitas de cobre e manchas de xofre, o que converten as súas galerías nun dos mellores espeleotemas do noroeste peninsular. A antiga mina forma parte dos enclaves máis destacados do proxecto de xeoparque do Cabo Ortegal.

Durante esta xornada haberá dúas visitas, unha a partir das 16.30h. e outra a partir das 18.40h.

Os grupos para Mina Piquito están limitados a 10 persoas por quenda -maiores de 11 anos- e o prezo da inscrición son 10€, incluído o seguro de accidentes. Recoméndase levar botas até o xeonllo e tamén unha chaqueta ou outra prenda que cubra os brazos por mor do fresco que vai no interior das galerías.

As inscricións deben facerse a través dos formularios publicados no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com ou ben contactando coa Oficina municipal de Turismo no 981 404 006. As reservas ábrense 15 días antes de cada ruta.

No event found!

Submit a Comment