Xeoruta por Mina Piquito

Esta visita guiada posibilita adentranse na derradeira mina subterránea de cobre que se pechou en Galicia, contra o ano 1969. Nesta antiga explotación mineira poderanse observar unhas excepcionais formacións de estalactitas e estalagmitas de cor azul, verde, branca, marrón e negra. Todo isto unido a que as rochas que constitúen esta mina estiveron no fondo do mar hai aproximadamente 400 millóns de anos, farán que esta xeoruta non deixe indiferente a ninguén. Ver vídeo
Duración: 2 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Baixa
É imprescindible facer un grupo de 10 persoas (maiores de 11 anos) ata 24 horas antes da saída. O custe da actividade é de 10€. Pago por adiantado 48 antes do inicio da ruta. Inclúe seguro de accidentes.
Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/9oVX8Y
No event found!

Submit a Comment