O recinto do Mercado de Moeche acolleu o sábado 3 de novembro  o  II Open de dominó Concello de Moeche  no que se inscribiron un total de 30 parellas. A xornada estivo marc ada polo éxito de participación e por un ambiente agradable onde a paixón polo dominó  foi o denominador común.

A primeira hora da mañá  os colaboradores  coa organización xa tiñan todo preparado para acoller aos  60 deportistas inscritos na cita. Tras efectuar o sorteo correspondente de emparellamentos  -co apoio técnico da Federación Galega de Dominó- ás once da mañá arrancaba a primeira rolda supervisada polo árbitro pertencente tamén á federación.

Tres roldas na mañá e logo un  descanso de  dúas horas para xantaren e ás 16.00h., volta de novo ás mesas de xogo. A xornada, que contou tamén coa participación de membros da Federación Asturiana de Dominó,   finalizou coa vitoria dunha parella das Pontes,  composta por  Montero e Formoso.

A mellor parella modestina: Gerardo Dopico e Miguel Barbados

O subcampionato quedou na comarca, concretamente en mans de Manuel Pérez Lamigueiro e Benigno Santalla, de Moeche e Cerdido respectivamente. O premio á mellor parella local recaeu nos veciños Gerardo Dopico e Miguel Barbado.

Os premios ás 8 parellas que obtiveron a mellor clasificación entregáronos a Alcaldesa, Beatriz Bascoy, a Concelleira de Deportes, Iria Couce, o presidente da Federación Galega de Dominó, Manuel Seoane, o presidente  da Federación Asturiana de Dominó, Joaquín Fernández,  e o árbitro do evento, así como  representantes de Lácteos Moeche e Bar O Mercado, que doaron varios dos premios. O evento contou ademais coa colaboración do Bar Queira.

A actuación do grupo musical do Val de Moeche pechou unha exitosa xornada para as persoas afeccionadas ao mundo do dominó.

 

Cadro cos 8 primeiros premios

ClasificaciónParella Partidas xogadasPartidas gañadas  Puntuación
1Montero-Formoso65615
2Benigno Santalla-Manuel Pérez65474
3José Vizoso-Tucho65272
4Miguel Rico-José Toucedo64633
5Joaquín-Pastor64595
6Xan Rey-Manolo64378
7Manuel Seoane- Andrés Monteagudo64249
8Andrés- Gerardo64190

Mellor parella modestina :  Gerardo Dopico e Miguel Barbado