Ante a convocatoria de eleccións municipais para o vindeiro 28 de maio, domingo, e en cumprimento da Lei orgánica 5/1985 do Réxime electoral xeral, de 19 de xuño, o Censo electoral correspondente a este Concello permanecerá en exposición pública nas oficinas municipais entre o 9 e o 16 de abril, co obxectivo de que as persoas interesadas poidan comprobar os seus datos e, de consideralo, presentar as oportunas reclamacións.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, o censo electoral de Moeche a día 1 de marzo é de 1069 persoas . No termo municipal haberá catro mesas electorais: unha situada no local social do Pereiro, outra na Casa do Concello , no local social do Ventoeiro e no centro social de Abade.
É especialmente importante a comprobación dos datos por parte de todas as persoas pero, sobre todo, daquelas que realizasen non hai moito algunha modificación de datos persoais ou cambio de domicilio e as que cumpriron recentemente os 18 anos.
As persoas que estean fóra poden obter información no consulado correspondente e na Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.
A Oficina do Censo Electoral pon a disposición das persoas interesadas os seguintes teléfonos de consulta:
981 217 439
981 217 426
901 101 900
As consultas e reclamacións poden presentarse nas oficinas municipais en horario de 8:30 a 14:30 h ou ben pódese facer con certificado dixital na web do INE.
Quen teña certificado dixital ou sinatura electrónica pode facer tanto a consulta como outros trámites en relación co proceso a través da web do INE. Ademais de presentar reclamacioóns, podese consultar a mesa e local que nos corresponde, os trámites para o voto por correo e mesmo solicitalo, ou a simple consulta de confirmación e, se é o caso, de corrección dos datos de inscrición.
Últimos comentarios