Unha fin de semana intensa  en Moeche que , ademais da xornada electoral do domingo,  ofrece a posibilidade de visitar o Mercado , co seu sorteo de fin de mes,  para os máis novos dinamizar o Grupo de Participación Infantil, ou  botar unha peza na festa  de San Xiao,  ou na tarde do sábado, unhas boas risas coa comedia Papar sen cancelas no C.Cultural Frco. Piñeiro (Abade)

O  sábado 25 comeza pola  mañá, a partir das 10 .00 h,  coa oferta semanal do Mercado, no recinto feiral,e o seu sorteo de fin de mes entre a clientela. Máis tamén hai sitio para o traballo co Grupo de Participación Infantil.

Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA)

Ás 11.00 horas terá lugar a sesión do Grupo  de Participación Infantil do CLIA cunha nova monitora que os guiará nas técnicas de participación de cara ao I Encontro Autónómico de Consellos Locais da Infancia e Adolescencia, no que participarán, representando a Moeche, o vindeiro 8 e 9 de xuño  en Castrelo de Miño.

Festas patronais en San Xiao

A Comisión de Festas de San Xiao abre a tempada de festas parroquias no noso concello esta fin de semana. O sábado 25 sesión vermú co grupo La Bamba e á noitiña amenizará a verbena  acompañado do grupo Pasión. O domingo 26 segue a festa coa sesión vermú a cargo do grupo Pasión . Lembran desde a Comisión  que, se chove, contan con carpa, pero todo apunta a que non vai chover.

Papar sen cancelas¡¡

O Centro Cultural Francisco Piñeiro, en Abade, acolle a representación teatral  Papar sen cancela, no marco da Rede Cultural da Depuración da Coruña. Pechamos a programación das Letras Galegas 2019 cun delicioso espectáculo a man de Culturactiva no que poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Poderedes presenciar as artes de tres habelencios@s cociñeir@s cómic@s preparando o menú para algúns d@spersonaxes máis distinguid@s do panorama galego actual.
Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor!

Data 25 Maio   Hora: 19:30 – 21:30  Prezo: 3€