A onde ir esta fin de semana?  A Moeche .Diferentes actividades de venres a domingo da da man do Concello e das entidades veciñais, nas que destaca a Noite de San Xoán e a IV Feira do Gado Vacún

Venres

Fin de curso das escolas deportivas municipais

A fin de semana comeza xa o venres coa despedida do curso das escolas deportivas municipais. Rematan as escolas deportivas municipais e, como é xa tradición, fano cunha gala de exhibición das destrezas aprendidas por todos as persoas participantes durante o curso 2018/2019. Terá lugar o 21 de xuño a partir das 19.00 h

Sábado 

Mercado e Obradoiro xestión de residuos domésticos

Como todos os sábados  o Mercado  de Moeche ofrece os seus produtos frescos e de calidade, peixe e marisco da lonxa de Cedeira,pan, doces, empanadas, queixo,mel, froita, fabas, plantas, agasallos,  e ademais unha exposición e obradoiro sobre a xestión de residuos domésticos.

Desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Moeche, co oobxectivo de avanzar cara á sustentabilidade e a conservación do noso entorno , sumámonos á campaña educativa itinerante sobre a xestión de residuos domésticos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

O sábado 22 de xuño desde as 10.00, na nave do mercado contaremos coa exposición itinerante e a actividade dinámica a partir das 12.30 para toda a rapazada que durará uns 60 minutos con xogos e obradoiros realizados por un educador ambiental.

O desenvolvemento desta campaña aborda aspectos relativos á xestión dos residuos domésticos, prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe, compostaxe e desperdicio alimentario mediante a exposición de paneis e un equipo de educadores ambientais que tamén atenderán as dúbidas das persoas que se acheguen.

Piscina municipal

Esta é a primeira fin de semana  de apertura ao público da piscina municipal neste novo verán, Sábado e domingo de 13 a 21 horas pódese  gozar da piscina e das instalacións a área recreativa Souto Grande.

Información piscina

Domingo

IV Feira do gando vacún

Moeche acolle este domingo 23 a cuarta edición da Feira de gando vacún.

Un día repleto de actividades ata a tardiña. A feira de gando vacún está a consolidarse e un ano máis ofrécenos unha exposición de exemplares de rubia galega pertencentes a ACRUGA, asociación de criadores de gando vacún selecto de raza rubia galega, ademais do mercado de gando habitual dos 11 e 23 de todos os meses. Estes exemplares pertencen na súa maior parte a gandarías do municipio.

Pero tamén contaremos coa II edición do concurso de fotografía, un concurso no que se premia a imaxe máis votada nas redes sociais e na urna – que se porá a disposición de todas as persoas na nave do Mercado o propio día da feira-, a mellor imaxe dunha gandaría e a mellor imaxe que plasme a vida no rural, estas dúas últimas elixidas por un xurado profesional, conformado por unha veterinaria e dous profesionais da fotografía .

Noite de San Xoán na A.VV. Val de Moeche

O domingo, 23 de xuño, a partir das 19.00 h celebrarase no local social do Pereiro a noite meiga de San Xoán da man da A.VV O Val de Moeche, coa xa tradicional cea con costela, liscos, chourizos e pan e o lume de San Xoán. Coa colaboración do Concello e da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ofrecerase a actuación do grupo Quenindiole , a partir das 19.00 horas.