Fin de semana de actividade cultural para a xente miúda da casa, actividade deportiva coa Andaina pola parroquia de Abade festa parroquial en Labacengos, mercado semanal e, como sempre, o castelo, a área recreativa e a piscina municipal como espazos de lecer.
C𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗯𝗲𝗯𝗲́𝘀
O sábado 9 de agosto ás 11:30 h teremos na Casa do Concello o 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗮𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗯𝗲𝗯𝗲́𝘀 “Amence no bosque”, da compañía de teatro 2Plicas. Vai dirixido a bebés e ao público familiar en xeral, no marcco do programa de dinamización da lectura que ofrece a Rede de bibliotecas públicas galegas, 𝑳𝒆𝒓 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒂 𝒎𝒐𝒊𝒕𝒐.
Todos os sábados de 10 a 14 h, calidade e proximidade no Mercado semanal de Moeche, que ofrece os mellores produtos : peixe e marisco, verdura, legumes, froitos secos, mel, froita, queixo, pan, doces artesáns, empanadas, agasallos personalizados, etc e un espazo para petiscar algo.
Andaina por Abade , Entre lusco e fusco
Xa chegando a noitiña do sábado temos a Andaina Entre lusco e Fusco. A saída terá lugar desde o local social de Abade ás 21:00h.

Andaina de dificultade media cun percorrido accesible para nen@s e maiores duns 8 quilómetros e dúas horas de duración aproximadamente.
Festas en Labacengos
A parroquia de Labacengos celebra as festas patronais so sábado 9 e o domingo 10, datas nas que haberá a tradicional sesión vermú, música e sorteos.
Como todas as fins de semana de verán Moeche ofrece as visitas ao castelo, onde podemos disfrutar da exposicíón permanente do Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, e o espazo da Área Recreativa Souto Grande, ao pé do rio Xuvia.
Últimos comentarios