Comeza a fin de semana  coa andaina Entre lusco e fusco , polas terras do val de San Xurxo e San Xoán, hoxe  venres ás 21.30 horas, para facer exercicio pola fresca e percorrer o fermoso val que acolle o castelo e o rio Xuvia.

E segue o comezo da fin de semana coa celebración en Santa Cruz da súa festa parroquial, na honra da virxe do Carme. Hoxe venres coa música  de DJ Calimero para comezar  a fin de semana botando unha peza. E mañá sábado sesión vermú,  xantar  veciñal e música á noitiña.

E xa o sábado, día de feira, con produtos habituais, naturais, locais, de calidade., e como cadra en sábado , co posto de peixe e marisco fresco

Lembrade que na feira poderemos atopar un posto da A.C. irmandiños de Moeche, que poñerán á venda as camisetas e demais produtos  relacionados co XLVII do Festiva Irmandiño para que teñamos opción a  colaborar  xa nesta nova edición.