Entra xa en funcionamento o novo tramo de saneamento no Empalme,  San Ramón,  unha vez que remataron as obras e permite que  as últimas vivendas- un total de 12 máis as parcelas edificables- , que aínda  non contaban con este servizo no núcleo de San Ramón,  se conecten á rede  xeral de saneamento municipal e acadar unha xestión  máis centralizada dos residuos.

O proxecto comprendeu unha segunda actuación na propia  foxa séptica do lugar das  Pedreiras, a penas 200 m augas abaixo do punto de enganche do novo ramal ao colector xeral.   A día de hoxe o Concello de Moeche conta cunha rede unitaria de saneamento e pluviais nestea zona de San Ramón que os días de choivas intensas sofre  unha sobrecarga na rede polo exceso de pluviais que provocan o  levantamento das tapas e o rebosamento  en superficie, problema que se solventará parcialmente mediante a instalación dun aliviadoiro de  emerxencia para este tipo de episodios.

O  problema  da foxa das Pedreiras, que vén de vello, reside na  conexión   de pluviais que a leva a recibir  os  días de choivas intensas ou continuadas ao tratarse dunha rede unitaria malia ter unha capacidade de 45.000 litros de capacidade.  O problema prodúcese no cambio brusco de sección que se da á entrada e á saída da primeira das arquetas augas  arriba da foxa, a de desbaste.  A construción dun aliviadoiro de emerxencia na primeira arqueta de desbaste primario permitirá solventar parcialmente o problema mais requirirá unha segunda fase de  desconexión de pluviais. As obras  foron realizadas por Construcciones J Piñeiro, S.L. por importe de 34. 388,00€, abeiro do  Pos + 2017 da Deputación da Coruña.