O Concello de Moeche rematou as obras de mellora de drenaxes e acondicionamento da rede viaria incluídas no Plan de rehabilitación de camiños municipais en zonas de concentración parcelaria nas cinco parroquias. O importe total dos proxectos de pavimentación e drenaxes ascendeu a 151.710,98€. As obras fináncianse entre o Concello de Moeche e FEADER, mediante axudas con fondos europeos para a rehabilitación de camiños en zonas onde se realizasen procesos de concentración ou reestruturación parcelaria
Os tres proxectos executados con cargo á convocatoria do Plan de rehabilitación de camiños en zona de concentración parcelaria incluíron pistas situadas nas cinco parroquias . en máis de 6 quilómetros Con cargo aos fondos europeos achegados por AGADER asúmese pun 79% e o Concello faise cargo do 21% restante.
O primeiro dos proxectos incluíu actuacións na parroquia de Santa Cruz, por importe de 31.793,31€ (IVE incluído), nun camiño do Confurco e a construción de salvagabias e gabias no camiño Abelleira – O Retorno.A empresa que resultou adxudicataria foi Construcciones José No Mantñán e Hijos,S.L.
O segundo proxecto incluíu actuacións nas parroquias San Xoán -San Xurxo ascende a 65.560,22 euros -impostos incluídos–As obras executounas a empresa Canarga e consistiron na pavimentación con rega asfáltica no camiños de acceso a Melle e ,por outro lado, no tramo desde A Zapateira – Portogonzalbo, con nova capa de aglomerado asfáltico.
No terceiro proxecto viario o importe da obra adxudicouse á empresa local Construcciones José No Mantñán e Hijos,S.L en 54.357,45 euros, IVE e céntrase nos camiños das concentracións de Abade e Labacengos : As Sequeiras- Trieiro, As Barbelas e Camiño Lavandeira- A Graña -Vilapedre.
.
Últimos comentarios