O proxecto térmico de biomasa presentado polo Concello de Moeche  para o local social de Abade o pasado mes de marzo resultou aprobado polo INEGA e conta coa axuda económica do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional que ahegará o 80%.  O local sociocultural  de Abade disporá dun sistema de calefaccion que permite contar con mellores condicións para o desenvolvemento das actividades deportivas e culturais durante o inverno e reducir no nivel de humidade. O investimento  é de 3.391,19€   do que o INEGA achega 2140,49€  (sen IVE).

Este proxecto súmase  ao conxunto de obras de mellora do local sociocultural: a recente instalación de cortinas acústicas  que reducen os problemas de son do local,  á  nova zona aparcadoiro  e  canalizacións de auga que  se realizarán a finais de verán.