Moeche adheriuse a finais do ano 2023 ao programa europeo EC4RURAL, liderado pola FEGAMP e a Universidade de Vigo xunto con outras institucións en Galicia para iniciativas relacionadas co autoconsumo e a transición verde. Este proxecto EC4Rural dá un novo paso ofrecendo na súa plataforma de formación en liña seis módulos gratuítos dirixidos á cidadanía en xeral, a calquera persoa con interese na implantación de modelos de enerxía comunitaria.

A formación ten unha duración de seis semanas, divididas en 12 horas de traballo a través da aula virtual e 24 de aprendizaxe autónomo. Os módulos que a conforman á súa vez son autónomos, e poden realizarse de maneira independente ou conxunta; recibirase unha certificación por cada un.

Edicións e inscrición
As próximas edicións da Formación en Comunidades de Enerxía Renovable darán comezo a principios de marzo, maio, xullo, setembro e novembro. Expedirase un diploma acreditativo.

A próxima edición dará comezo o 3 de marzo.  As persoas que teñan interese en participar deberán cubrir o seguinte Formulario de inscrición   entre o de 8 de xaneiro , data de inicio de inscrición, e o 24 de xaneiro,  data de finalización do prazo de inscrición desta edición .

En todos os módulos traballarase cunha metodoloxía dinámica e flexible que busca garantir unha aprendizaxe significativa e adaptada ás necesidades de cada participante. Os materiais están divididos en bloques temáticos e inclúen os contidos teóricos fundamentais, complementados por actividades de avaliación. Estas actividades permitirán non só repasar os contidos abordados, senón tamén verificar o nivel de comprensión acadado e identificar áreas de mellora de forma autónoma.

Programa da formación
Módulo 1: Sensibilización cara á cidadanía enerxética
Descubre o potencial da cidadanía para liderar o cambio cara a un modelo enerxético sostible:
1. Quen somos: Introdución ás comunidades enerxéticas e os seus obxectivos.
2. A cidadanía enerxética: Comprende o papel transformador da cidadanía na transición enerxética.
3. Como converterse nunha persoa prosumidora: Aprende como producir e consumir a túa propia enerxía renovable.
4. Boas prácticas de cidadanía enerxética: Casos reais e inspiradores que demostran que o cambio é posible.
Módulo 2: Comunidades enerxéticas: Diagnose inicial
Os primeiros pasos para construír a túa comunidade enerxética:
1. Introdución e punto de partida: Aprende a identificar o potencial enerxético da túa contorna.
2. Deseñando a diagnose da túa comunidade enerxética: Crea unha análise inicial para establecer obxectivos e prioridades.
Módulo 3: Acción colectiva con concellos e grupos de desenvolvemento rural: mobilización e traballo en rede
A colaboración local como motor do cambio enerxético:
1. Introdución, contexto e xustificación da acción colectiva local: O porqué da unión de esforzos para a transición.
2. Marco legal para a acción colectiva e a creación de Comunidades Enerxéticas Renovables: Navega o entorno legal con facilidade.
3. Os concellos como actores da transición enerxética: Coñece as oportunidades que ofrecen os gobernos locais.
4. Os grupos de desenvolvemento rural como actores da transición enerxética: Potencial dos actores rurais no ecosistema enerxético.
5. Ecosistema galego: Revisión de recursos e proxectos na nosa comunidade.

Módulo 4: A cadea enerxética na transición enerxética
Comprende a estrutura do sistema enerxético e o seu cambio:
1. Transición enerxética e modelos eléctricos: Evolución cara a sistemas máis sostibles e democráticos.
2. Un novo actor: as comunidades enerxéticas: O papel fundamental destas iniciativas no modelo enerxético futuro.

Módulo 5: Modelos de negocio para Comunidades enerxéticas rurais
Deseña unha estratexia financeira sostible e efectiva:
1. Modelo de negocio para comunidades enerxéticas rurais: Bases para un proxecto económico viable.
2. Modelo de negocio: elaboración e avaliación: Aprende a desenvolver e analizar a túa proposta de negocio.
Módulo 6: Implementación e funcionamento de comunidades enerxéticas rurais
Leva á práctica os teus coñecementos:
1. Procedementos de tramitación e legalización dunha instalación fotovoltaica en España: Guía para legalizar o teu proxecto.
2. Execución das instalacións de autoconsumo colectivo: Pasos técnicos para facer realidade unha instalación fotovoltaica.