Sábado, 23 de setembro segunda edición da Feira de Gando Vacún

O Concello de Moeche e un grupo de gandeiros e gandeiras do municipio, logo da boa acollida da primeira edición, organizan de novo a Feira de Gando Vacún.

O 23 de setembro haberá mercado de gando mais tamén:

09.30 Exposición de exemplares marcados de ACRUGA (Asociación de Criadores de Rubia Galega) das mellores explotacións da comarca de Ferrol, Ortegal e a Mariña.

Entre estes exemplares PRINCESA, a mellor vaca da provincia da Coruña que participou no certame Miss Vaca 2017 celebrado este verán en Santiago de Compostela, onde quedou en segunda posición.

11.00 h – 14.00 h  Clases de  pastoreo con cans a cargo do experto  Alejandro Ibarra, que se achega a Moeche desde o País Vasco,  Impartirá clases de pastoreo gratuítas.

16:30 Exhibición a cargo de Alejandro Ibarra para amosar as destrezas dos seus cans como pastores. As nenas e nenos que asistan poderán participar nesta demostración.

Todo no marco da feira tradicional para pasar unha agradable xornada e gozar do manexo e do control do gando por parte dos cans e dos mellores exemplares de gado da comarca.

Alejando Ibarra