Dentro do marco da III Feira do Queixo do Concello de Moeche, convócase o Concurso de receitas con queixo, que  acolle dúas modalidades, receitas salgadas e receitas doces, todas elas cun denominador común, o queixo como base do prato.

Poderán participar todas as persoas afeccionadas á cociña que o desexen, sexan residentes ou non no Concello de Moeche. Todos os  pratos presentados terán como ingrediente principal o “queixo” , en calquera modalidade (fresco, cremoso, semicurado, curado, etc. Non se considerará como modalidade o requeixo).Non poderán optar a concurso as receitas publicadas ou premiadas noutros concursos Os pratos deberán presentarse en prato ou bandexa aptos para o efecto e nas condicións hixiénicas apropiadas.
Cada prato irá acompañado dos datos da persoa que o presenta (nome, apelidos e teléfono), o nome do prato e a receita completa (ingredientes, modo de preparación, presentación, etc.) e a categoría na que participa (salgado ou doce), dentro dun sobre en branco e pechado.
A persoa que presenta o prato indicará no momento de entregalo en que categoría participa. A cada prato adxudicaráselle un número no mesmo momento da súa recollida, o mesmo que levará o sobre que o acompañe e que se lle dará á persoa que o presenta. Os pratos presentaránse rematados o día 18 de marzo antes das 11.30  horas, na nave do Mercado, no recinto feiral de San Ramón.
Para participar só tes que  inscribirte no Concello, ben chamando ao 981404006 ou ben no enderezo correo@moeche.gal

Bases: Bases III concurso Receitas 2018 con publicidadpdf