Un operario de servizos múltiples e un tractorista-condutor comezaron a traballar no Concello por un período de 6 meses con cargo á achega de 19.000, 00 euros que recibe no marco do Plan de Emprego Local, convocado pola Deputación da Coruña para municipios que contan cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes,

As persoas contratadas para os dous postos temporais convocados con cargo ao Plan de Emprego Local, financiado pola Deputación da Coruña, incorporáronse, tras rematar o proceso de selección e aprobar a acta do tribunal cualificador, para dar comezo ás   tarefas de desbroce no tractor, recollida de lixo, desinfección de zonas públicas e exterior de establecementos e outros servizos públicos básicos

O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) remitiu unha listaxe de cinco persoas no caso do posto de operario de servizos múltiples, e de tres persoas para o posto de tractorista-condutor.

Todas elas, ademais de ser demandantes de emprego rexistradas no SPEG, debían cumprir, polo menos, unha das condicións establecidos no Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña: ter máis de 45 anos, levar en situación de desemprego dous ou máis anos, ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, ser muller, vivir nun fogar onde ninguén teña traballo, ser familia monoparental, non ter fogar, ter dificultade para atopar traballo por razón do idioma ou circunstancias socioculturais, ser vítima de violencia de xénero ou encontrarse nunha situación de drogodependencia.

A selección realizouna o tribunal cualificador entre estas persoas mediante concurso conforme ás bases aprobadas polo Concello, nas que se valoraban as circunstancias persoais conforme ao establecido pola Deputación da Coruña para participar no PEL, a formación e a experiencia laboral segundo a documentación que envía o Servizo Público de Emprego de Galicia.

No caso do oficial 2º operario de servizos múltiples, a persoa que acadou a maior puntuación renunciou ao contrato, e deste xeito o Concello procedeu a contratar á persoa que acadou a segunda maior puntuación. No oficial de segunda tractorista-condutor o contrato realizouse coa persoa que acadou o primiero posto no baremo.

O operario de servizos multiples deberase encargar do amaño de avarías diversas (electricidade, fontanería, pintura, etc) de pouca entidade nas instalacións municipais e axuda aos especialistas nas labores de reparación de importancia , recollida de voluminosos, recollida no servizo municipal do lixo, mantemento das instalacións municipais e control de acceso, uso e mantemento, limpeza e conservación das zonas e elementos públicos, control e comunicación das necesidades de reposición de bens e materiais, desbroce de vías e zonas públicas, tarefas xerais para o bo funcionamento dos servizos básicos municipais e dos edificios municipais.

A persoa oficial 2º condutor/a-tractorista, encargarase da condución e manexo de maquinaria municipal. do camión da recollida de residuos, desbroce con tractores municipais, manexo de cisterna e outros accesorios, recollida de lixo, tarefas de roza e limpeza de vías municipais e outras relacionadas coas funcións xerais dos servizos mínimos municipais

Enlace: Acta do tribunal cualificador