A asociación gandeira PROLEGA , con sede en San Sadurniño e que agrupa granxas de Moeche e da comarca,  botou a andar unha iniciativa solidaria de apoio ás gandeirías afecatadas polo lume e xa enviaron o primeiro cargamento de 80 rolos de herba seca.

As primeiras auxdas dirixíronse áo Concello das Neves máis están recibindo  peticións doutras zonas afectadas. Desde o Concello, tras poñernos en contacto con eles, difundimos esta  iniciativa para que aquelas explotacións gandeiras que  queiran colaborar  ou as pesoas que teñan  excedente de silo ou herba seca,o fagan chamando  a Prolega no  636 884 861 ou ben no correo asociacion.prolega@gmail.com.