Comezaron no Petón, Camiño e A Costa esta semana para continuar na Fraga, O Monte, San Xiao e  As Barbelas as obras de acondicionamento   a cargo da empresa local Construcciones Mantiñan e Hijos. Todas estas  vías están incluídas no  plan municipal de actuación de mellora e mantemento de vías municipais, logo de rematada as obras do programa  de amaño de fochas outras vías municipais no conxunto do concello.

As memorias valoradas de actuacións sobre estas vías foron aprobadas pola Xunta de Goberno e as obras, con importe superior a 20.000,00€, son financiadas integramente con fondos municipais; foron adxudicadas a Construcciones Mantiñán e Hijos,  mediante contrato menor.