Primeira xornada de Sementeira. A demanda de prazas no mes de xullo levou a ampliar a oferta de 30 a 35 prazas. Presentáronse 42 solicitudes – case o dobre do pasado ano 2016 no que se recibiran 23 -. Desas 42, correspóndense 29 a familias con algún membro empadroado en Moeche, 1 con vinculación laboral no municipio e 1 con relación escolar no CEIP San Ramón e 11 sen vinculación.
Programa variado de actividades:
- Obradoiro de ” buscadores de ouro” ao pé do rio Xubia a cargo do xeólogo Francisco Canosa.
- Iniciación á linguaxe de signos, obradoiro de robótica, de idiomas a cargo da Vicerreitora da Universidade de Compostela, María Xosé Domínguez, e do especialista en didáctica das linguas, o profesor Carlos Valcarcel.
- Obradoiro de ciencia a cargo da bióloga Elena Xardiz, música tradicional, a visita de Maxin Blanco.
- Xogos de auga.
- Confección do Libro das Artes.
- Obradoiro coa Asociación Cometa, da Asociación Brio de danza.
- Iniciación á escultura.
- Obradoiro de primeiros auxilios.
- Visita, construción dun castelo xigante.
- Xincana deportiva.
- Obradoiro de ioga, de patinaxe, de cociña a cargo de Monicake, e obradoiro de cristal.
- A arte na nosa música cunha coñecida cantante.
- Excursión a Burela, á Capela e a Xove.
- Carrilanas.
- Xincana de oficios e igualdade de xénero.
- Elaboración de traxes coa veciñanza do concello e desfile.
- Diferentes técnicas de pintura.
- Acampada nocturna para coñecer as estrelas da man da agrupación IO da Coruña.
- E para rematar festa de fin de campamento con inchables e xogos.
Últimos comentarios