A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas volverá a Moeche a comezos de maio. A empresa concesionaria vén de comunicarllo ao Concello . O dia seleccionado é o 6 de maio e aestación móbil situarase no lugar habitual, no recinto feiral de San Ramón. Os horarios de atención poden concultarse xa na web www.sycitv.com. Débese solicitar cita previa a través desa web ou chamando ao 902 309 000.
Hai escasos catro meses a ITV móbil para vehículos agrarios visitaba o concello de Moeche logo de suspender este tipo de inspección, a través de unidades móbiles, a causa da situación xerada pola pandemio do COVID 19. Nesta ocasión volverán ofrecer o servizos no recinto ferial de San Ramón no mes de maio, o xoves 6 , en horario de 9.00 a 13.30 h pola mañá e de 15.15 a 18.00 h pola tarde.
Prégaselles ás persoas usuarias a máxima puntualidade para evitar demoras innecesarias. É importante, ademais, levar toda a documentación requirida: permiso de circulación, o certificado de características técnicas do vehículo, a tarxeta da inspección técnica e o recibo do seguro.
Para axilizar a inspección -e tamén para ter máis garantías de superala- tamén é aconsellable facer previamente varias comprobacións, como o correcto funcionamento de luces, intermitentes, sinalización de emerxencia e claxon; que as placas da matrícula sexan lexibles; o estado das rodas ou asegurarse de que o tractor frea mantendo unha traxectoria máis ou menos recta. Estas son probas rápidas de facer que, ademais, nos darán unha referencia sobre o estado xeral da maquinaria e sobre se se pode circular con ela de maneira segura, independentemente de que teñamos que pasarlle a revisión.
A empresa concesionaria informa de que a admision de vehículos con características particulares estará a condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.
Desde o Concello editouse o correspondente bando da Alcaldía coa información referida a data, horarios e forma de solicitar cita previa.
A unidade móbil estará en Moeche o xoves 6 de maio en horario de 9.00 a 13.30h. e de 15.15 a 18.00h. . Quen non consiga vez para ningún deses dous días pode probar a solicitala nas localidades máis próximas , ben para o venres 7 de maio no Paseo Parque Concello, nas Somozas, ben para o 11 de maio en Cerdido, no Campo da Feira na Barqueira, ou para o 5 de maio, en Santa Mariña do Monte, concello de San Sadurniño.
As citas hai que pedilas a través da web www.sycitv.com ou chamando ao 902 309 000.
Últimos comentarios