A piques de rematar o prazo da actual de concesión por contrato menor, a licitación da concesión de uso privativo do posto de espazo -bar dentro da nave do Mercado, aprobada en sesión de Xunta de Goberno Local, está publicada na Plataforma de Contratos do Sector Público. O prazo para presentar ofertas está aberto ata o 16 de decembro.
A concesión do uso privativo do posto de Espazo Bar, realizada mediante contrato menor, remata o seu prazo e o Concello procedeu a aprobar en Xunta de Goberno a nova licitación do contrato de concesión por procedemento aberto simplificado e tramitación ordinaria. As empresas ou persoas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o próximo 16 de decembro.
O canon base e mínimo que serve de base de licitación cifrase en 100 euros mensuais netos (sen IVE). -En canto á vixencia, a adxudicataria deberá prestar os seus servizos durante dous anos ampliables por outros dous máis, de modo que o importe do canon base e mínimo da licitación se sitúa en 4.800 euros polo total dos catro anos.
As persoas ou entidades licitadoras deberán cubrir o tipo de licitación, ou ben melloralo en favor da Corporación contratante, e non será válida a oferta dun canon inferior nin unha que conteña cifras comparativas respecto da máis vantaxosa.
Toda a documentación referida ao proceso de licitación está na Plataforma de contratación do Sector Púbico. O prazo para rexistrar as ofertas a través da mesma plataforma finaliza ás 23:59 h do próximo 16 de decembro.
Últimos comentarios