O Concello licita a subministración de material equipamento de seguridade e balizamento así como sinais e espellos para reposición ou colocación en novos puntos por un importe de 18.065,30 euros. IVE incluído, con cargo aos fondos achegados polo Plan único POS+, da Deputación da Coruña. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 28 de marzo na Plataforma de Contratación do Estado.
A principal adquisición son 200 unidades de valos peonís metálicos co fin de aforrar no alugamento anual destes elementos ou . se é o caso, no transporte en caso de préstamo por parte doutras entidades , para os diferentes eventos que se celebran en Moeche ao longo do ano.
O obxecto da licitación son
200 unidades de valos peonís metálicos de 2,5 metros de lonxitude, con patas en “U” invertida, destinados a garantir a seguridade e a correcta organización dos eventos deportivos e culturais celebrados no termo municipal de Moeche.
15 unidades de barreiras New Jersey de polietileno para uso en exteriores, con bocas de entrada e saída para encher con auga a modo de lastre.
24 unidades de bolardos metálicos cilíndricos, cor negro, 100 cm de altura e 9,5 cm de diámetro;
2 sinais metálicos de perigo por estreitamento (P-17) con poste tubular de aceiro de 3,5 m de largo e sección 80×40 mm;
4 espellos convexos para exteriores de 80 cm de diámetro, lente de policarbonato e armazón de polipropileno, con poste tubular de aceiro de 3,5 m de largo e sección 80×40 mm
A instalación dos bolardos realizarase no recinto feiral de Moeche e será realizada por persoal municipal; así mesmo instalaranse os espellos e sinais en diferentes puntos do concello designados polo Concello ou ben en atención a demandas veciñais realizadas.
As empresas poden presentar as súas ofertas ata o 28 de marzo








Últimos comentarios