O Goberno municipal aprobou a licitación da contratación da obra de Ensanche e aglomerado do camiño desde o Retorno ata a Senra, en Santa Cruz, por importe de 79.103,97 €, IVE incluído. A obra esta financiada con cargo aos fondos recibidos no Plan Único POS+Adicional 2025. As empresas poderán presentar ofertas na Plataforma de Contratos do Sector Público ata o 12 de abril.
Avanza a licitación das obras do POS+ Adicional de 2025 cunha terceira licitación, neste caso de obras de mellora de vías. As obras licitadas nesta ocasión, tras recibir as correspondentes autorizacións sectoriais de diferentes Administracións, executaranse sobre unha parte do camiño entre O Retorno e Abelleira, un dos principais camiños municipais que comunican as parroquias de Santa Cruz e Labacengos.
En concreto sobre o tramo entre O Retorno e A Senra, Integramente na parroquia de Santa Cruz, cunha lonxitude considerada de 900 m e un ancho medio en torno a 3,7 m na actualidade.
O obxecto principal é o de ensanchar o camiño entre O Retorno e A Senra dende os 3,7 m de ancho actual máis frecuente ata un novo ancho de plataforma de 4,3 m, e posteriormente estender unha nova capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quente de 4,2 m de ancho, aproveitando o bo estado actual do camiño en canto ao desgaste e a regularidade superficial que presenta.
As empresas interesadas poderán presentar as súas proposicións na Plataforma de Contratación do Estado ata o 12 de abril de 2025.








Últimos comentarios