O Concello publicou a licitación da contratación da obra de pavimentación da pista de San Xiao de Arriba ata Denoeiro, por importe de 63044,57€, IVE incluído. A obra esta financiada polo Concello e con fondos recibidos do Plan de camiños de AGADER 2026-2027. As empresas poderán presentar ofertas na Plataforma de Contratos do Sector Público ata o 29 de agosto.
O Goberno municipal aprobou a licitación da pavimentación e mellora camiño entre O San Xiao de Arriba e Denoeiro , un tramo que actualmente está en rega asfáltica e necesitou rebacheo en varias ocasións nestes últimos anos. A actuación neste novo tramo dálle continuidade ás obras de aglomerado asfáltico desde San Xiao de Abaixo e, polo outro extremo, desde o lugar da Abelleira.
En concreto sobre o tramo entre San Xiao de Arriba e Denoeiro actuase nunha lonxitude considerada de 970 m e un ancho medio en torno a 4,7 m na actualidade, e inclúese a execución de dúas salvagabias, unha no entorno do cruzamento de Denoeiro e outra no remate da actuación.
O obxecto principal é o de ensanchar o camiño entre O Retorno e A Senra dende os 3,7 m de ancho actual máis frecuente ata un novo ancho de plataforma de 4,3 m, e posteriormente estender unha nova capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quente de 4,2 m de ancho, aproveitando o bo estado actual do camiño en canto ao desgaste e a regularidade superficial que presenta.
A obra sae a licitación en 63.044,57 euros, IVE incluído. Os criterios de adxudicación son a mellor oferta económica e a maior ampliación de garantía da obra (cun máximo de 5 anos). Estas obras encádranse no Plan de camiños municipais de AGADER co financiados co Concello de Moeche.
As empresas interesadas poderán presentar as súas proposicións na Plataforma de Contratación do Estado ata o 29 de agosto de 2026.
Adxudicada a obra de aglomerado do tramo desde A Senra ata o Retorno en Santa Cruz en
A Mesa de Contratación do Concello de Moeche vén de propoñer adxudicación a Construcciones José No Mantiñan e Hijos S.L., – por importe de 79.103,75 €-da obra de pavimentación con aglomerado asfáltico sobre o tramo entre O Retorno e A Senra, integramente na parroquia de Santa Cruz, cunha lonxitude considerada de 900 m e un ancho medio en torno a 3,7 m na actualidade.
O obxecto principal é o de ensanchar o camiño entre O Retorno e A Senra dende os 3,7 m de ancho actual máis frecuente ata un novo ancho de plataforma de 4,3 m, e posteriormente estender unha nova capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quente de 4,2 m de ancho, aproveitando o bo estado actual do camiño en canto ao desgaste e a regularidade superficial que presenta.








Últimos comentarios