Publicada a licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público para a contratación da pavimentación de varias pistas municipais, con cargo a fondos propios e o Plan Camiña Rural de AGADER. O investimento total de todas as obras ascende a 64.921,97€ euros, IVE incluído.
As obras licitadas enmárcase no Plan Camiña Rural 2025-2026 de AGADER, que require financiamento do propio Concello, para a mellora da rede viaria municipal das parroquias e núcleos de poboación de carácter máis rural. A Xunta de Goberno Local, tras recibir as autorizacións sectoriais correspondentes a Patrimonio, AXI e Deputación da Coruña, aprobou a licitación das obras que se realizarán en camiños da parroquia de Santa Cruz, Abade, Labacengos e San Xurxo: O Loureiro, Belecoi, Vilariño, As Sequeiras- Río da Vila e Souto da Vila.
O importe total, IVE incluído, é de 64.921,97€, dos que Concello achega 11.267,45€ de IVE. O procedemento de licitación é aberto simplificado e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 10 de setembro na Plataforma de Contratos do Estado ( ver enlace abaixo)
Os camiños de Loureiro, Belecoi e Souto da Vila, e Vilariño recibirán unha nova capa de rodadura con rega asfáltica, mentres o camiño desde As Sequeiras ao Río da Vila e parte do camiño de Vilariño, sanearanse e recibirán unha nova capa de saburra .
Ademais a limpeza en profundidade das cunetas de todos os camiños, con retirada da capa de terra vexetal que mellora a drenaxe de pluviais dos camiños.
En total a extensión sobre a que se actuará é de preto de 3 quilómetros ( 2875 metros) con anchos variables desde 3,5 ata 4,50 segundo os diferentes camiños.
Pavimentación camiños con cargo ao POS+ 2025
Nos vindeiros días abrirase a licitación na Plataforma de Contratos do Estado doutro proxecto de pavimentación de vías municipais , do POS+ 2025, cun investimento total de 95.519,43€ en camiños nas cinco parroquias: Vilazanche, Casanova, Finlle, Requiá, Balocos , O Piñeiro e A Cruz.








Últimos comentarios