Cargando Eventos

← Volver a Eventos

Labacengos, O Ventoeiro

+ Google Map
O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain
981404006 moeche.gal

Eventos pasados

Eventos Lista de Navigation

Xullo 2017

ANDAINA POLAS TERRAS DE MOECHE. LABACENGOS

09/07/2017 ás 10:30 - 13:30
Labacengos, O Ventoeiro, O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain
+ Google Map

Domingo 8 de xullo camiñada pola parroquia de Labacengos para visitar os muíños de Loureiro, Ruta circular duns 12 kms e duración aproximada de 3 horas, con saída e chegada ao local da A.VV. Labacengos (O Ventoeiro).Achegamos roteiro e plano indicando cómo chegar. Saída: 10.30 h. Lugar: nave do Ventoeiro (Labacengos). Inscricións ata venres 7: 981404006 ou en daniel.feijoo@moeche.gal (empadroados de b alde e non empadroados 3€).

Más Información »
Febreiro 2018

Xantar de Entroido da AVV Labacengos

18/02/2018 ás 14:30 - 17:00
Labacengos, O Ventoeiro, O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain
+ Google Map

Labacengos pechará o Entroido no local social do Ventoeiro cunha comida a base de sopa, cocido e sobremesas deste tempo. Tamén haberá concurso de disfraces con premios para a categoría infantil e adulta. O prezo do xantar será de 12 € para persoas socias, 15 para non socias. As nenas e nenos menores de 12 anos non pagan. A festa estará animada pola música do noso veciño David Moledo. As inscricións están abertas ata o 12 de febreiro a través do…

Más Información »
Maio 2018

Letras Galegas: Música na AVV de Labacengos

17/05/2018 ás 17:00 - 19:00
Labacengos, O Ventoeiro, O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain

A A.VV. de Labacengos programou unha pequena homenaxe musical coa que lembrar a María Victoria Moreno. No local social do Ventoeiro oiremos textos da autora alternados coa música de Sara Guerreiro e Javier Rodríguez, voz e acordeón respectivamente do grupo tradicional Encrucillada. A entrada é gratuíta e, ao remate do acto, a entidade convídanos a que tomemos  un refrixerio.

Más Información »
Novembro 2018

XIII Festa da Esfolla en Labacengos

18/11/2018 ás 14:00 - 20:00
Labacengos, O Ventoeiro, O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain

A esfolla era antigamente unha festa en si mesma, chea de traballo, si, pero tamén de contos, lerias e mesmo música. En Labacengos manteñen viva a esencia daquel labor cunha festa co seguinte programa: 14.30h. Xantar popular con empanada, callos, pan, viño, auga, refrescos, bola de nata e crema a prezos populares. Inscricións no 606 729 038 17.00h. Esfolla veciñal na compaña do grupo da Corral Poliafónica do Aturuxo de Melpómene. Esta actuación musical e humorística cedida polo Concello forma parte…

Más Información »

Asemblea veciñal en Labacengos

21/11/2018 ás 19:30 - 21:00
Labacengos, O Ventoeiro, O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain

Estamos ás portas do cambio de ano e cómpre deseñar un orzamento municipal que nos permita seguir transformando o concello. E para iso, nada mellor que escoitar todo o que tedes que dicir: pistas que requiren arranxos, alumeados públicos, servizos que se poderían poñer en marcha, cambios ou melloras na prestación doutros... todo ten cabida nas asembleas parroquiais, coa finalidade de construírmos entre todas e todos o Moeche que queremos. Anímate a vir e fai as túas propostas. A xuntanza correspondente…

Más Información »
Marzo 2019

Entroido en Labacengos

3 Marzo ás 14:30 - 22:00
Labacengos, O Ventoeiro, O Ventoeiro
Moeche, A Coruña 15564 Spain
12€ - 15€

A Asociación veciñal de Labacengos convídanos a pasar un Domingo de Entroido como é debido, é dicir, con cocido, máscaras e música. Para empezar, xantar: sopa de cocido, cocido -lacón, touciño, costela, chourizo, patacas, verdura, garavanzos-, pan e bebida, que irán seguidos dunha sobremesa con doces típicos deste tempo, ademais de café de pota e un chupiño. O prezo para persoas socias son 12€, mentres que as non socias deberán pagar 15€. Hai que apuntarse antes do 16 de febreiro…

Más Información »
+ Export Events