As pistas municipais de padel e tenis son obxecto de melloras dentro do programa de renovación de instalación deportivas. A inicios de verán  substituíronse as redes de xogo e hoxe mesmo comezou a substitución da malla que rodea a pista de pádel .

Ata agora  o perímetro da pista de pádel estaba pechado con mallas simple torsión e está a ser substituída por malla electrosoldada, máis  axeitada para a prática do pádel. A obra foi adxudicada mediante contrato menor – tras solicitar tres orzamentos –  a  Grupo Benedicto por importe de 6000,00€

A substitución da rede actual da pista de  pádel, mol deteriorada,  dálle resposta a unha vella demanda das persoas usuarias destas instalacións e permite que o novo Club de Tenis e Pádel de Moeche, fundado neste ano 2017, poida dispoñer de mellores condicións para o desenvolvemento das súas actividades.