A licitación do contrato de concesión do uso privativo do posto de Espazo Bar do espazo de emprendemento do recinto feiral de San Ramón, declarase deserta por non presentarse ningunha oferta, e iníciase o procedemento de adxudicación directa da concesión, coas mesmas condicións que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da licitación, aprobado en sesión da Xunta de Goberno Local de 24/01/2018 e publicado no BOP da Coruña de 12/02/2018,  e concédese un prazo de cinco días naturais, a partir da publicación do correspondente anuncio no taboleiro de edictos e na web municipal, para presentación de solicitudes.