Moeche acolle o Proxecto Aloumiños unha iniciativa impulsada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia xunto co Sergas, e co apoio do Ministerio de Sanidade e dos concellos en que se desenvolve. Impúlsase en 20 concellos galegos, entre eles Moeche, coa finalidade de promover as relacións sociais entre as persoas maiores reforzar a comunidade, combater a soidade e axudar á mellora da saúde física e mental.
Aloumiños xorde co obxectivo fundamental de fortalecer o tecido social e mellorar a saúde física e mental da poboación mediante a dinamización e a intervención sociocomunitaria e está especialmente dirixido a persoas maiores de 65 anos, pero, como non pode ser doutro xeito, estará aberto á participación de toda persoa interesada.
Para presentar o proxecto realízanse os almorzos comunitarios nos catro concellos da comarca nos que se desenvolverá – Moeche, Neda, San Sadurniño e As Somozas-
En Moeche contamos coa colaboración das entidades veciñais do Val de Moeche e de Labacengos e os almorzos comunitarios terán lugar:
– Xoves 04 de setembro
– 10:00 horas, Local Social do Pereiro.
– 11:30 Centro Sociocultural Lapatiencos
Para acudir aos almorzos -nos que haberá xente do proxecto e do Concello- non fai falla inscrición, abonda con estar no día e na hora indicados.
Ademais de compartirmos un saboroso almorzo, coñeceremos a programación dos vindeiros meses e as actividades que se promoverán no proxecto, centradas na prevención e redución da soidade non desexada, a promoción das relacións sociais e veciñais, pero tamén é o espazos para escoitar as propostas e intereses das persoas que desexen participar. Na programación destacan as andainas na natureza, sesións de benestar emocional, exercicios cardiovasculares, obradoiros sociosanitarios e outras actividades culturais, sociais e de lecer, actividades conducidas por unha educadora social que se encargue de organizalas con axuda das persoas participantes.
Esta iniciativa considérase de alto interese para tecer relacións sociais entre a cidadanía e favorecer o envellecemento activo da poboación, cos beneficios que iso implica para a saúde física, mental e o benestar persoal e social.
Aquelas persoas que non poidan asistir aos almorzos comunitarios pero desexen información ou queiran participar, poden chamar ao 698165131








Últimos comentarios