O primeiro órgano de Participación infantil do Concello estará composto por 20 nenas e nenas e adolescentes e 9 persoas adultas.
O Goberno municipal someteu hoxe a votación do Pleno a creación Consello Local da Infancia e Adolescencia, CLIAM, tal e como se comprometera no Pleno infantil que tivo lugar no pasado mes de xuño. A proposta foi aprobada con 5 votos do BNG e 2 do PP.
O Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA) será un órgano de participación infantil e adolescentes para que actúen como cidadás e cidadáns con voz propia e directa naquelas accións municipais que lles afecten. Por outro lado, é un dos requisitos para optar ao selo de recoñecemento de Concello Amigo da Infancia.
A maioría dos seus membros serán menores entre 8 e 17 anos que serán elixidos democráticamente polos menores.
Estará composto por 20 nenos e nenas, a alcaldesa, un representante de cada grupo municipal, un representante do profesorado do CEIP San Ramón, 2 representantes da Anpa, dous concelleiros ou concelleiras representantes das áreas de cultura, educación, normalización lingüística,igualdade, mocidade, medio ambiente e deportes. Actuará como secretaria/o, a secretaria xeral ou funcionaria en quen delegue.
O Concello solicitará a participación dunha persoa representante de Unicef como asesora.
A partir de agora o Concello solicitara o nomeamento dos diferentes membros e coordinará coa escola a elección dos menores e dos adolescentes.. Desde o Goberno municipal impúlsase esta iniciativa como principal vía para implicar as nenas e os nenos no futuro do seu Concello, sentíndose parte responsable del, ademais de fortalecer a participación veciñal desde as idades temperás
Paralelamente á creación CLIAM, aprobase na mesma sesión plenaria a creación da Mesa de Coordinación Interna para a participación infantil, outro órgano de obrigada existencia para o proxecto de Concello Amigo da Infancia. Estará composto polos técnicos municipais e repsonsables das áreas de Desenvolvemento Local, Deportes, Biblioteca e Cultura, Bienestar Social e Igualdade e os correspondentes responsables políticos.
Últimos comentarios