O Concello de Moeche desenvolveu o II Foro de Turismo Castelo de Moeche para informadores e guías turísticos dos diferentes concellos que conforman o Xeodestino Ferrolterra. Tivo lugar esta mañá, 17 de decembro, no castelo , desde as 9.30 ata as 14.00 h ,no castelo e contou coa colaboración da área de Turismo da Deputación da Coruña e da Universidade da Coruña
O obxectivo principal deste foro, que celebrou a segunda edición. é facilitar a participación dos principais actores da cuádrupla hélice que configura o sector (académicos, sociais, públicos e privados) para realizar unha análise das problemáticas do sector que se presentan na comarca.
O modelo turístico co que contamos, o perfil do visitante que nos interesa, que estamos a facer ben e que non coa nosa infraestrutura turística ou o potencial de mellora do persoal do sector, a oferte formativa ou a precariedade laboral neste sector son algunhas das cuestións que se trataron e analizaron baixo a guía de relatores como Jakson Renner Rodrigues Soares, Doutor en Planificación Turística, e Carlos Jaime Rodríguez Carro docente da UDC, ambos do Grupo de Investigación sobre Experiencia Turística da Universidade da Coruña. e Paula Cabado, técnica de xestión de Proxectos da Sección de Turismo da Deputación da Coruña e o
O encontro, coordinado polo técnico de turismo de Moeche, Ramón Carballeira, estivo dirixido a persoal técnico e outros actores involucrados no eido turístico do xeodestino Ferrolterra. Asistiron profesionais dos concellos de Cedeira, Ares ,Mugardos, Monfero, Narón,Valdoviño, Ferrol, Mancomunidade da Ria de Ferrol, Cabanas, etc. As persoas participantes foron recibidas pola alcaldesa, Beatriz Bascoy, na apertura do encontro, quen agradeceu a súa participación e destacou “a importancia de traballar de forma coordinada e conxunta no territorio común que compartimos cara a un turismo que e protexa o propio territorio e beneficie a quen vive nese espazo ”
Últimos comentarios