O Concello de Moeche procederá á contratación temporal de dúas persoas para os postos de peón e de peón forestal. As contratacións realizaranse con cargo a programa diferentes da Xunta de Galicia, por un lado o RISGA e por outro o APROL Rural, programa este último de fomento do emprego no medio rural impulsado pola Xunta de Galicia. Os procesos selectivos realizarase a través dunha petición do Servizo Púbico de Emprego de Galicia (SPEG), quen enviará sao Concello unha relación de persoas que reúnan os requisitos e criterios establecidos pola Consellería.

Moeche acolleuse á convocatoria de subvencións a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social que sexan perceptoras da Renda de Integración Social (Risga). Recentemente o Concello recibiu a notificación da concesión dunha axuda de 5.250,00€ para a contratación dun peón que pertenza a este colectivo, por un período de 7 meses a media xornada. As tarefas a desenvolver centraranse en limpeza de vías e beirarrúas e outras tarefas de mantemento dos servizos municipais. O Servizo Público de Emprego de Galicia achega a relación de aspirantes perceptores do Risga, que no caso de Moeche inclúe a única persoa perceptora de Risga no municipio.

A convocatoria do APROL Rural permitira a contratación temporal dun peón forestal por un período de 9 meses, a tempo completo, que se encargará dos labores de limpeza de maleza e desbroce de diferentes espazos públicos. O Departamento de Desenvolvemento Local do Concello redactou as bases específicas de conformidade cos criterios establecidos pola propia convocatoria da axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Segundo este requisitos é obrigatorio conforme ao que establece a convocatoria da Xunta de Galicia ser demandante de emprego e figurar como tal no SPEG así como no ter traballo nin no momento da selección nin cando se asine o contrato. Así mesmo, non poderán ser contatados aquelas persoas que fosen beneficirias destas axudas ou calquera outra especificamente da Consellería de Economía, Emprego e Industria no 2017 durante nove meses ou mais.

O Concello xa iniciou o proceso coa obrigatoria solicitude ao SPEG dunha listaxe de persoas candidatas que despois se seleccionarán conforme á fase de concurso aprobada nas bases específicas. As persoas que seleccione o Servizo Público de Emprego de Galicia deberán formar parte preferentemente dun dos seguintes grupos tal e como establece o artigo 14 da convocatoria da Consellería de Economía:

a) Mulleres e en especial aquellas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.
b) Menores de 30 anos, en especial as persoas demandantes do primeiro emprego ou aquelas sin cualificación profesional.
c) Persoas paradas de longa duración.
d) Persoas con discapacidade.
e) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.
f) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
g) Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.

Documentos reguladores do proceso