O Concello de Moeche publicou as bases da convocatoria de axudas ás comisións organizadoras de festas patronais e populares para a contratación de orquestras, de conformidade ao establecido no programa PEL-Concellos, sector orquestras,  logo de recibir a aprobación da correspondente cantidade da Deputación da Coruña. O Goberno municipal decidiu destinar o importe de 3000 euros a subvencionar a contratación de orquestras por parte das comisións de festas ao longo de 2022, isto é, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022.

A presente convocatoria formúlase o abeiro do disposto xa nas as bases reguladoras do Programa  provincial PEL-CONCELLOS_ Axudas ao sector das orquestras e verbenas, que teñen como obxectivo a reactivación de sectores afectados directamente polas medidas adoitadas para o control da pandemia como é o sector das orquestras e, en concreto, a execución de verbenas, festas populares ou eventos con actuacións de orquestras na provincia da Coruña,

Os 90 concellos coruñeses de menos de 50.000 habitantes (todos agás as grandes cidades) podían solicitar, como máximo a contía do módulo que lles corresponda, en función da porcentaxe resultante de dividir o número de habitantes do concello entre o número total de habitantes nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, supoñendo así axudas que van desde os 3.000 aos 15.000 euros, en función da súa poboación.

No seu momento  Moeche presentou a correspondente solicitude da cantidade de 3000 euros, a que lle correspondía por poboación, e ao tempo fíxose chegar a información ás diferentes comisións de festas a medida que se ía rexistrando no Concello os requisitos publicados pola Deputación, co obxectivo de que os coñecesen cara á futura convocatoria.

As entidades destinatarias deben estar legalmente constituídas como asociacións, ou comisións de festas e reunirán os seguintes requisitos: a) Dispoñer do correspondente número de identificación fiscal (CIF/NIF) b) Carecer de fins de lucro. c) Desenvolver as súas actividades no concello de Moeche d) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda ante o concello no que desenvolve a súa actividade para o mesmo obxecto para o que solicita a axuda. e) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, estatais, autonómicas, co concello e coa seguridade social. f) Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.

Dado que o obxectivo principal desta nova liña de axudas promovida pola Deputación a través dos concellos é a reactivación económica no sector das orquestras e verbenas , establécense uns requisitos mínimos para as orquestras obxecto de contratación por parte das comisións.

A cantidade prevista para a concesións das axudas (3.000 €) repartirase de forma equitativa entre todas as asociación ou comisións de festas que cumpran os requisitos recollidos nas presentes bases.

Prazo de presentación de solicitudes: as comisións de festas poderán presentar as solicitudes dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia desde a Base de Datos Nacional de Subvencions, que se producirá nun prazo de 5 ou 6 días desde hoxe aproximadamente e así se anunciará convenientemente nas redes municipais, e ata do día 15 de outubro de 2022.

As comisións deben presentar a xustificación antes das 14 horas do día 28 de febreiro de 2023 cunha memoria, segundo modelo que se achega, da actividade realizada para a que se solicitaba axuda para a contratación, asinada polo representante da comisión de festas e as facturas do gasto realizado para a contratación na que se especifiquen os pagos realizados.

Documentación

Convocatoria programa PEL

Bases da convocatoria de axudas ás comisións organizadoras de festas patronais e populares para a contratación de orquestras no Concello de Moeche

Impreso solicitude