Este sábado 19 de novembro, ademáis dos postos habituais, o Mercado de Moeche dedicaralle un monográfico aos cogomelos e as castañas, produtos cunha alta demanda no outono. En colaboración coa AVCR Val de Moeche, desde as 11h haberá unha exposición con distintas variedades de cogomelos da nosa zona. E ás 12.00h comezará unha mostra de cociña con eles como ingredientes principais, será totalmente gratuíto e non será necesaria inscrición previa.
Os cogomelos son dos alimentos máis versátiles que podemos atopar dentro da nosa gastronomía e coa chegada do outono, convértese nun dos principais ingredientes de calquera cociña, como prato principal, en revoltos, en crema ou mesmo como sobremesa, son moitas as posibilidades que este alimento nos ofrece. E algunha destas múltiples e saborosas opcións poderemos velas este sábado, ás 12h contaremos cunha mostra de cociña da man de Mercedes Freire, que elaborará un risotto de setas, e de María Painceiras que nos vai preparar boletus á prancha con salsa de noces. A asistencia a esta mostra será completamente de balde e non será necesaria a inscrición previa.
E se despois de que nos deixen probar un petisco dos pratos elaborados cos cogomelos quedamos con fame, a AVCR Val de Moeche traeranos a proba doutro dos clásicos do noso outono… a castaña asada!
E para dar remate por todo o alto a este mercado especial, teremos a actuación do grupo de Cantos de Taberna de Moeche.
Últimos comentarios