A proposta polo Goberno municipal de distribución de máis de 363.000€ dos fondos do POS+2026, da Deputación da Coruña, resultou aprobada este xoves 5 de febreiro en sesión plenaria por unanimidade (5 votos BNG, 1 PP). A Moeche correspóndenlle no POS+2026 para investimentos e gasto corrente 343.000€ , aos que se se lle sumaron 19.442,64€ de achega do Concello. Ademais tamén se incluíu na proposta aprobada os proxectos do Plan Complementario, por valor de 90.768,85€ en agarda de que a Deputación xere novas partidas económicas ao longo do ano para poder executalos. Entre POS+2026, POS 3 de redución de débeda e POS Social, Moeche recibe preto de 445.000 euros, aos que se sumarán posteriormente os fondos do POS+ complementario.
O Goberno local dedicará a gastos correntes – luz e vías públicas – un total de 176.894,69€ €, e a obras e subministros 186.229,06€, pavimentación en pistas e camiños municipais, ampliación da rede de saneamento, adquisición de equipamento para Servizos e Obras e instalación eléctrica no depósito municipal da auga. Por outra banda, no caso do Plan complementario que o ente provincial dotará de fondos procedentes dos seus remanentes, Moeche optou por incorporar dous proxectos financeiramente sostibles: un proxecto de aforro enerxético cunha nova iluminación no campo de fútbol municipal e a rede de abastecemento e auga no lugar da Corveira (San Xoán) os dous cun valor de 90.768,85€.
Os concellos da provincia da Coruña deben ratificar en pleno a súa participación nos programas provinciais e aprobar os proxectos cos que cubrir os importes reservados nas distintas liñas que convoca a Deputación provincial no marco do POS+.
Gasto corrente: 176.894,69€
O Goberno local optou por dedicar o total da achega directa do ano 2025 – 176.894,69€ – ao sostemento económico de servizos básicos como son o gasto en iluminación pública ou gastos de mantemento de vías públicas.
INVESTIMENTOS: 186.229,06 €
Para investimentos destínanse 186.229,06€, dos que 166.786,42€ proveñen do POS inicial e 19.442,64€ achégaos o Concello para o pagamento do IVE non proxectos do ciclo de auga. Os proxectos definidos son os seguintes:
1 Nova rede de auga nos lugares de Trieiro (Abade), Pumariño, O Vilar (San Xurxo e O As Pedreiras (San Xoán): 73.724,72€
2. Pavimentación de camiños no Peneiro (Abade), Valdixe (Abade), O Pereiro (San Xurxo) e A Meixoeira (San Xoán): 50.792,57€
3. Adquisición dunha trituradora forestal, dun cortacéspede e dun remolque: 27.800€
4. Instalación de tendido eléctrico de baixa tensión a depósito municipal de auga: 33.911,77€
Na distribución de fondos provinciais tamén hai que contar co que depara o Plan complementario, que a Deputación dotará economicamente ao longo do ano. A proposta do Goberno local aprobada en Pleno recolle inicialmente dous proxectos por importe de 90.768,85€ que se destinarán a:
1. Nova rede de abastecemento de auga no lugar da Corveira (San Xoán): 53.011,03€
2. Reforma de instalación de iluminación exterior no campo municipal de fútbol: 37.757,82€
O Plan complementario ou adicional do POS+ é un programa que a Deputación obriga a solicitar coa previsión de financialo cos remanentes económicos de 2025 e que, polo tanto, varía no seu importe dependendo da consignación económica que faga finalmente o ente provincial.
POS+ 3/AD REDUCIÓN DE DÉBEDA: 60.649,61€
E este ano establécese de novo a liña POS+ 3AD, que se poder dedicar a gasto corrente excepto que o Concello teña débeda coa Deputación, como é o caso de Moeche. Este ano a achega destinarase a liquidar o importe utilizado a finais de 2014 o préstamo da Deputación para pagar a débeda bancaria derivada da xuros da expropiación do terreos sobre os que se construíu a actual Casa do Concello derivados da sentenza xudicial recaída sobre a expropiación. Nesta anualidade a Moeche concédenlle 60.649,61€ para amortizar a débeda coa Deputación, acordo que se aprobou por resolución da Alcaldía.
POS +GASTOS SOCIAIS
Neste 2026 tamén se xerou un plan a través do POS+ Adicional 1/2026 que ten un contido eminentemente social. No caso de Moeche a achega sitúase nos 40.433,07€ € no POS+ Social, dedicado a gastos sociais como o servizo de podoloxía , as axudas ao subministro de enerxía. O Pos Social foi aprobado en sesión plenaria xa no pasado mes de decembro.







Últimos comentarios