O Concello de Moeche inicia o procedemento de contratación dos dous primeiros proxectos do Plan Único 2017, para a pavimentación de vías municipais e novo saneamento no Empalme (San Ramón), por importe de 100.221,00€. Así mesmo aprobou a contratación do Programa de “rebacheo” e mantemento de diferentes vias municipais en todas as parroquias , con importe superior aos 8.000,00€.. A este programa, sumarase a vindeira semana, a contratación da excepción dos proxectos de mellora e acondicionamento de vías e camiños por importe de 25000,00€
A primeira obra obxecto de licitación aprobada esta semana pola Xunta de Goberno Local, é construción do novo saneamento do Empalme, San Ramón, a mellora da foxa das Pedreiras e camiño do Gandarón.
Esta primeira obra sairá a licitación por un importe de 35.090,36€ e responde a unha vella demanda veciñal. Supón 245 metros de nova canalización e novo colector que darán servizo de saneamento ás vivendas e parcelas da zona. Tamén a foxa das Pedreiras, con continuos atascamentos desde hai anos, será obxecto de intervención co fin de reducir a sobrecarga de pluviais (conectados á rede pública) que recibe os días de choivas intensas ou continuadas. Complétase coa pavimentación da parte máis deteriorada do denominado Camiño do Gandarón (Labacengos).
A segunda responde ao proxecto de pavimentación das vias municipais, un total de 5110 metros cuadrados, por importe de 65.131,10€ que inclúe as vías do Vilar, O Tellado e O Loureiro, en Santa Cruz, a pista do Pico de Ferreira a Vigo, en San Xurxo, unha vía e un camiño en Gundiao (Abade), e pista en Vilachave (Labacengos), a sí como unha nova zona de aparcadoiro en Abade, na zona do local social.
Dentro do Plan Único queda por licitar o proxecto de mellora e acondicionamento do entorno do recinto feiral, por importe de 107.00,00€ , proxecto que se completará coa obra financiada parcialmente pola Dirección Xeral de Comercio con 60.000,00€, para crear un espazo de emprendemento comercial no recinto feiral.
Últimos comentarios