O Concello de Moeche contratará  dous oficiais de 2ª que estean no paro, un operario de servizos múltiples e un tractorista-condutor, con cargo á achega de 19.000, 00 euros que  recibe no marco do Plan de Emprego Local,  convocado pola Deputación da Coruña para o emprego e a integración laboral,  un plan dirixido a aqueles municipios da provincia que contan cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes,  

Moeche acolleuse ao Plan de Emprego Local 2020 polo que recibe 19.000 euros , o que lle permitirá contratar  durante 6 meses a un condutor ou condutora da maquinaria municipal  e a un operario ou operaria de servizos múltiples a xornada completa

O Servizo Público de  Emprego de Galicia (SPEG) remite unha listaxe de persoas que, ademais de ser demandantes de emprego rexistradas  no SPEG,   deben cumprir, polo menos, unha das condicións establecidos no Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña: ter máis de 45 anos, levar en situación de desemprego dous ou máis anos, ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, ser muller, vivir nun fogar onde ninguén teña traballo, ser familia monoparental, non ter fogar, ter dificultade para atopar traballo por razón do idioma ou circunstancias socioculturais, ser vítima de violencia de xénero ou encontrarse nunha situación de drogodependencia.

As bases aprobadas por resolución de Alcaldía que rexerán  a selección entre as persoas remitidas polo SGEP pódense consultar na web municipal xunto co nomeamento do tribunal cualificador. A selección realizarase entre estas persoas  mediante concurso conforme ás bases aprobadas polo Concello, nas que se valorará n as circunstancias persoais  conforme ao establecido pola Deputación da Coruña para participar no PEL, a formación e a experiencia laboral  segundo a documentación que envía o Servizo Público de Emprego de Galicia.

Postos  de traballo- contrato temporal- que se cubrirán dentro do PEL 2020:

–  oficial de segunda operario/ de servizos multiples, 6 meses.

– oficial de segunda tractorista-condutor/a, 6 meses.

As funcións que deberán desenvolver están relacionadas cos servizos mínimos municipais. No caso do oficial 2º operario/ de servizos múltiples encargarase do amaño de avarías diversas (electricidade, fontanería, pintura, etc) de pouca entidade nas instalacións municipais e axuda aos especialistas nas labores de reparación de importancia , recollida de voluminosos, recollida no servizo municipal do lixo, mantemento das instalacións municipais e control de acceso, uso e mantemento, limpeza e conservación das zonas e elementos públicos, control e comunicación das necesidades de reposición de bens e materiais, desbroce de vías e zonas públicas, tarefas xerais para o bo funcionamento dos servizos básicos municipais e dos  edificios municipais.Pola súa banda, a persoa oficial 2º Condutor/a-tractorista, encargarase da condución e manexo de maquinaria municipal. do camión da recollida de residuos, desbroce con tractores municipais, manexo de cisterna e outros accesorios, recollida de lixo, tarefas de roza e limpeza de vías municipais e outras relacionadas coas funcións xerais dos servizos mínimos municipais

Documentación

Bases do PEL

Bases específicas para o proceso de contratación no marco do Programa de Emprego Local 2020

Decreto nomeamento tribunal cualificador