O Concello encargou a redacción de varios proxectos para instalación de iluminación LED e aforro enerxético, uns para co-financiar con fondos propios e outros para presentar aás convocatorias de fondos europeos. Na primeira fase actuarase no entorno máis próximo da Casa Niño e a Casa do Maior e nunha segunda fase o investimento estenderase ao conxunto do lugar da Casabranca, en liña coas actuacións de mellora e eficiencia enerxética realizadas nos últimos anos, tanto na AC-862, estrada xeral, como no núcleo de San Ramón.

O primeiro dos proxectos céntrase na Casabranca e permitirá a instalación dunha nova iluminación de tecnoloxía LED na zona. Nunha primeira fase actuarase no entorno máis próximo da Casa Niño e a Casa do Maior, cun importe estimado de 9.000,00 €,  coa instalación de novos báculos e a ampliación dos actuais puntos de luz. Nunha segunda fase o investimento estenderase ao conxunto do lugar da Casabranca, desde o recinto feiral ata pasar o campo de fútbol, ao longo da estrada provincial.

Os técnicos da FAEPAC visitaron o lugar hai tres semanas para as medicións oportunas de cara á definición deste proxecto co obxectivo de presentalos ás novas liñas de axudas e solicitar os correspondentes permisos sectorais, nomeadamente a Patrimonio Cultural. O investimento permitirá seguir reducindo o consumo e a factura eléctrica ademais de mellorar a iluminación na zona.