O Concello  publicou  estes días na Plataforma de Contratos do Estado a licitación da obras da nave da feira que acollerá o CEDES Rural TIC, Centro de Desenvolvemento Económico e Social, e a remodelación do entorno .O orzamento é dun millón nove mil seiscentos dezaoito euros con trinta e otio céntimos – 1.009. 618,38 euros-  financiado ao 100% polos fondos europeos acadados polo Concello na convocatoria de axudas do Instituto de Transición Xusta. Unha actuación sobre un espazo interior de 1239,94m2 e un espazo exterior de 1.708,66 m2.  As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata as 23.59 h do 19 da agosto

A Plataforma de Contratación do Estado  publica desde o pasado mércores  a licitación da contratación das obras  do proxecto de rehabilitación da “antiga nave do gado” , que acollerá o CEDES Rural TIC, Centro de Desenvolvemento Económico e Social,  e a remodelación do entorno, cun orzamento de 1.009.618,38€. A licitación realizase por procedemento aberto simplificado; entre os criterios avaliables figura o prezo,  a redución de prazo na execución e a estabilidade no emprego.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 19 de agosto ás 23.59 h. A actuación, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación Resiliencia, e financiada a través do Instituto de Transición Xunta, terá un orzamento de 1.009.618,38 euros e suporá a reconversión da antiga nave – moi deteriorada- nunha edificación moito máis moderna a funcional, mellorando integramente a súa accesibilidade e funcionalidades así como o seu entorno. A execución deste proxecto é un paso máis no programa de rehabilitación, mellora e modernización do recinto feiral para seguir avanzando nas diferentes fases do programa de actuación sobre o recinto feiral e o seu entorno.

O Concello de Moeche  foi un dos concello en zona de transición xusta do Estado que conseguiu unha subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico por un importe de 1.123.553,43 euros para a rehabilitación e posta en marcha dun novo espazo que transformará a “antiga nave do gado” nun Centro de dinamización económica e social Rural Tic para a dinamización das PEMES e das entidades locais e comarcais, contribuíndo á transformación dixital da economía da sociedade da zona, así como a diminución da brecha dixital entre mulleres e homes e a xeración de emprego.

Tras superar as fases e requisitos que deben cumprir aqueles concellos que promoven procedementos financiados con fondos europeos xestionados a través do Instituto de Transición Xusta, cumprir coas plataformas COFFE e Minerva, asi como os informes de control a través da Deputación da Coruña, e do propio Instituto de Transición Xusta, e tras recibir o proxecto básico e o proxecto de execución, o Concello publica a licitación para a realización das obras do Centro de dinamización económica e social.  (ver enlace máis abaixo)

A intervención ten como obxectivo principal a creación dun espazo de emprendemento, formación e dixitalización, comercio, feira e de relación social, complementando as actividades xa existentes no recinto feiral. Actuarase tanto en el propio edificio como no seu entorno inmediato. Crearanse espazos pechados para albergar os seguintes usos:

o Oito espazos de oficina, dispoñibles para un ou dous espazos de traballo cada un.

o Un aula TIC, con espazo para albergar hasta 20 alumnos,

o Dos amplos espazos de reunión, divisibles para obter ata catro salas ou con posibilidade dun amplo espazo común ; un deles actuará como centro de teletraballo público.

o Un cuarto de residuos

o Una estancia para aloxar equipos de internet e electricidade.

o Un aseo accesible.

Como espazos abertos, no entorno inmediato:

o Un amplo espazo exterior cuberto, para a celebración de eventos que permitirá un aforro en alugamento de carpas nas feiras monográficas.

o Un espazo de gradas en el extremo sur oeste, aproveitando o desnivel do terreo para actividades expositivas con público sentado e como zona de descanso no conxunto do recinto feiral.

o Un espazo exterior escalonado para resolver os diferentes niveis de acceso ás naves, cun percorrido accesible entre niveles e un novo espazo escalonado para actividades expositivas

A intervención renovará por completo a instalación eléctrica e lumínica do edificio e do entorno (na área de actuación), baixo criterios de eficiencia enerxética. Incorporarase una instalación captación fotovoltaica en cuberta, – 24 placas fotovoltaicas– para abastecer a este e a los restantes edificios do complexo. Manteranse viables as comunicacións rodadas entre edificios, co fin de facilitar o correcto funcionamento do recinto feiral.

Este proxecto, indicou a alcaldesa, ten como valor engadido, “o seu valor comunitario” , xa que, lembrou, a obtención dos fondos Next Generation “é un éxito colectivo”pois o proxecto presentouse co aval das entidades asociativas do municipio, da asociación promotora do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal e de varios concellos da comarca, asi como co apoio do Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22”.

O CeDes Rural TIC, obxecto deste proxecto, é un avance que virá completar os proxectos xa acometidos noutras naves e no recinto feiral nestes últimos anos- a nave do Mercado, a polbería, o Centro Agrario A Fusquenlla, os servizos públicos, a ordenación da feira, a iluminación LED, …- xa que os servizos dixitais, as aulas de formación, as oficinas coworking, un espazo de venda cuberto que se poñerá en marcha, permitirán completar a funcionalidade das restantes naves, acelerar a dixitalización, contar con espazos de formación e un amplo espazo para o desenvolvemento das feiras mensuais e variadas feiras monográficas.

Enlace a licitación