Moeche aproba o procedemento polo que se contratará a pavimentación de varías vías municipais. As obras teñen un orzamento de licitación de 51.369,55€ IVE incluído, un importe que se financiará con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019 da AGADER, no que ao Concello de Moeche lle corresponderon 43.256,00€, a cantidade restante ata completar a licitación das obras financiarase con fondos municipais.

Moeche inclúe a pavimentación de cinco vías no Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019 da AGADER, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, unha liña de axudas na que o Concello debe achegarmcomo mínimo a cantidade correspondente ao IVE, o 21%, que neste caso ascende a 9.083,66€ .

A licitación farase por procedemento aberto supersimplificado– un dos tipos que establece a nova Lei de contratos do sector público-  e foi aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado mércores 21 de xuño. Hoxe publicouse no perfil do contratante e  as empresas que queiran optar á adxudicación poderán presentar as súas propostas ata o 12 de xullo.

Unha das vías acollidas ao Plan de mellora de camiños municipais será a que une os lugares da Abelleira coa Amosa nas parroquias de Labacengos e Santa Cruz, cunha lonxitude total de 770 metros e un ancho medio de 3,25 m. Seguindo na parroquia de Santa Cruz, con algo máis de medio quilometro figura a pista do Vilar, sobre un ancho medio de 3,5 metros que inclúe dobre rega asfaltica. Xa na parroquia de San Xurxo, pavimentarase o Camiño da Ferraría de Abaixo, algo máis de 515 metros sobre un ancho medio de 3 metros. As outras dúas vias incluídas no proxecto son a de San Xiao, o camiño que vai polo interior do núcleo con 650 metros, e a pista de Entrambarrías (Labacengos), con 275 m 175 m 3,0 m

As actuacións nos camiños consistirán na limpeza das cunetas e unha nova pavimentación. Ésta comezará coa reparación das fochas existentes mediante macadam bituminoso cun espesor medio de 10 cm, para a continuación aplicar un dobre tratamento superficial en toda a lonxitude dos camiños e a todo o ancho. Nos treitos máis desgastados ou con maior irregularidade superficial aplicarase unha triple rega.