Este mediodía, o presidente da Xunta de Galicia anunciou que o venres 26, ás 00.00 horas, comezará a desescalada gradual co establecemento de tres niveis de restricións. Moeche, xunto con 16 concellos máis, manterase no nivel 1 dada incidencia acumulada nos 14 últimos días, superior a 500 casos por cada 100.000 habitantes. Isto supón que  a partir de venres, se non mudan as cifras, non haberá cambios, manterase o peche perimetral, o peche da  hostalaría e as reunións seguiran sendo só de conviventes.

As medidas anunciadas polo presidente entrarán en vigor o próximo venres co obxectivo de levar adiante unha progresiva desescalada con tres niveis diferenciados segundo o  nivel de incidencia acumulada en cada concello. 

Niveis de restricións para a desescalada progresiva tras a terceira onda da pandemia.

Nivel 1

Concellos con incidencia acumulada a 14 días superior a 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Neste nivel está Moeche e 16 concellos: Aranga, Cabanas, Carballo, Catoira, Corcubión, o Corgo, Gomesende, A Gudiña, Guitiriz, Larouco, Malpica, A Peroxa, Ponteceso, Pontenova, Toques e Xunqueira

Mantéñense as actuais restricións.

– Peche perimetral do concello excepto nos casos recollidos na normativa.

– Peche da hostalaría, que só poderá atender reparto a domicilio ou recollidas en local

– Grupos só de persoas conviventes

Nivel 2

Concellos cunha incidencia acumulada a 14 días de entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes.

-Grupos de máximo catro persoas non conviventes

-Permitida a mobilidade entre os municipios con igual nivel de incidencia

– A hostalaría pode abrir ata as 18 horas pero servir só en terraza cun 50% da súa capacidade.

– Mobilidade entre municipios do mesmo nivel Lémbrase: Moeche segue pechado perimetralmente, non se pode ir a outro concello aínda que ese estea aberto.

Nivel 3

Concellos cunha incidencia acumulada a 14 días inferior a 250 casos/100.000 habitantes. Ningún pertence á Área sanitaria de Ferrol

– Grupos de máximo catro persoas non conviventes

– Hostalaría aberta ata as 18,00 horas, cun aforo do 30% no interior e do 50% en terrazas.

– Abren de novo os ximnasios e piscinas

– Mobilidade entre municipios do mesmo nivel.

Incidencia acumulada e datos de casos activos a día de hoxe

Casos activos a día de hoxe, segundo a información que vén de remitir a Área Santaria de Ferrol: 24

Casos diagnosticados nos últimos 14 días: 14

Moeche, cunha incidencia acumulada elevada seguirá no nivel máximo de restricións e só podería sumarse á inicial apertura se o venres baixase a incidencia a 500/100.000 habitantes, o que suporía quedar en 6 casos detectados nos últimos 14 días.

O número de casos detectados no período dos últimos 14 días, dato utilizado para calcular a incidencia acumulada – sen considerar os casos positivos máis alá dese período aínda que sigan positivos- é de 14 segundo se rexistra na web do Sergas.