MOECHE SOLICITA SER RECOÑECIDO COMO CONCELLO AMIGO DA INFANCIA POR UNICEF
No Pleno extraordinario de hoxe Moeche aprobou a moción do Goberno municipal para solicitar a participación na convocatoria para obter o Selo de Recoñecemento Concello Amigo da Infancia , convocatoria promovida por UNICEF.
Para obter este recoñecemento o concello debe demostrar que cumprirá cosa criterios dos programa CAI (Cidades Amigas da Infancia) ,un programa liderado por UNICEF. O Concello debe desenvolver políticas e accións a favor da infancia e a adolescencia e promoverá, entre outras, a participación activa de nenas e nenas e adolescentes na vida pública municipal.
Neste sentido Moeche xa deu os primeiros pasos ao celebrar dous plenos infantís, un en novembro do pasado ano e outro en xuño deste ano (foto), nos que os menores fixeron as súas achegas , e obtiveron respostas do Goberno municipal no que se lle deu conta do cumprimento das súas demandas e das razóns cando non se cumpriron. Avanzou neste camiño co compromiso de constituir no mes de outubro o Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA)- composición que se aprobará no próximo Pleno ordinario- como órgano de participación infantil e adolescentes para que actúe como cidadás e cidadáns con voz propia e directa naquelas accións municipais que lles afecten. O CLIA deberá estar conformado por unha ampla maioria de menores de 16 anos, de forma que o seu voto sexa decisorio no órgano.
Desde o Goberno municipal impúlsase esta iniciativa por considerala a principal vía para implicar as nenas e os nenos no futuro do seu Concello, sentíndose parte responsable del, ademais de fortalecer a participación veciñal desde as idades temperás.
Últimos comentarios