Moeche recibe unha nova asignación da área de Plans da Deputación da Coruña, 111.483,75€, do POS+2025, que destinará a sufragar o gasto corrente e a renovación integral do parque infantil.

O Concello de Moeche aprobou en Pleno a solicitude do POS+ Adicional 4/2025 da Deputación da Coruña. Trátase da última asignación extraordinaria de fondos provinciais prevista para este exercicio, que suporá unha achega de 111.483,75€. Fondos que se dedicarán en parte a compensar o incremento de gastos xerais do Concello como a luz, a limpeza, o mantemento de vías ou o lixo -que sufriu un notable incremento na taxa de Sogama este 2025- é dicir, destinarase aos gastos correntes municipais.

A proposta presentada estableceu que 65.000,00 euros dos 111.483,75€ se destinen a sufragar gastos propios do funcionamento normal do Concello, como poden ser os combustibles -gasóleo, mantemento de vehículos, camión do lixo, tractores, etc.-, a subministración eléctrica dos edificios e instalacións municipais e da rede de iluminación pública e a suba do lixo que xa se sufriu neste ano 2024 e non se modificou a ordenanza.

Os 46.483,75€ restantes destinaranse ao proxecto de renovación do parque infantil, un dos proxectos que xa se incluíu como previsión a comezos de ano por se producía un incremento do POS+2025 como así foi. Ademais, de ser un proxecto ansiado pola rapazada máis pequena do CLIA como así transmitiron nas últimas reunións.

Este POS+ Adicional 4/2025 é unha ampliación do Plan Único de Concellos que permite ás entidades locais financiar gastos ordinarios, reducir débeda coa Deputación ou executar investimentos financeiramente sostibles.