O PEL-Reactiva 2022 da Deputación da Coruña asígnoulle ao Concello de Moeche 22.000,00 euros para o reforzo dos servizos municipais coa contratación de persoas desempregadas que cumpran os requisitos establecidos polo programa PEL. O Concello ofertará dous postos temporais, un peón ou peoa e un condutor/a, para desenvolver tarefas nos servizos básicos como a recollida de lixo ou servizo de voluminosos, a limpeza viaria, pequenas obras de reparación en edificios municipais, roza manual e con maquinaria, mantemento saneamento, apoio no mantemento da rede de auga e outros. O Servizo Público de Emprego remítelle ao Concello, por solicitude deste, unha listaxe de persoas que cumpren os requisitos establecidos.
De acordo coas bases reguladoras do programa PEL Reactiva 2022, publicadas pola Deputación da Coruña no BOP do 27 de xaneiro de 2022, o Concello solicítalle ao Servizo Público de Emprego de Galicia unha relación pechada de persoas que cumpran as condicións para desempeñar funcións en calquera dos postos ofertados e os requisitos das bases xenéricas. Sobre esa listaxe o Concello levará a cabo o proceso selectivo de concurso –oposición.
O proceso comeza coa primeira oferta do posto de peón/peoa co obxectivo de que se incorpore nas próximas semanas. A continuación, procederase co posto de operario /a condutor/a.
Na fase de concurso valóranse aspectos como a situación familiar e persoal, a formación e, no caso do posto de condutor/a, a experiencia. Esta fase puntúase cun máximo de 4 puntos. A fase de oposición comprende unha proba práctica dalgunha das tarefas a desenvolver propias do posto ofertado e puntúase cun máximo de 6 puntos.
Para o posto de operario condutor ou operaria condutora establécese un contrato de 5,5 meses a xornada completa. Para o posto de peón ou peoa contémplase un contrato de 5 meses de duración tamén a xornada completa
Bases reguladoras do PEL Reactiva 2022
Bases selección
Nomeamento tribunal
Acta cualificación fase de concurso
Últimos comentarios