Moeche aproba en Pleno a  adhesión ao novo convenio para a xestión do residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) e ao convenio en materia de xestión de pilas e acumuladores,  subscrito pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático  e entidades Desde 2016 o Concello aplicou o acordo que lle permitiu entregar os residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) que se depositan no servizo de recollida de voluminosos do Concello. Esta adhesión é un paso máis nas liñas establecidas polo PACES, Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible,  aprobado en Pleno no ano 2020.

O Goberno municipal presentou as dúas propostas a Pleno para a súa aprobación, que acadaron unanimidade, como renovación dos actuais acordos.Unha en relación coa xestión de residuos eléctricos e electrónicos e outro coa xestión de pilas e acumuladores

O novo convenio para os RAESS terá unha vixencia para o período 2025-2028 -coa posibilidade de prorrogalo-, e no caso de adherirse, como Moeche, antes do vindeiro 30 de setembro, a actualización terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2025. Este convenio marco foi subscrito pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e dez dos once Scraps que existen na actualidade.

En relación cos RAEE que se recollen no servizo municipal de recollida de voluminosos,o  Concello debe almacenalos e clasificalos ata que pasen a buscalos; se ben este proceso xera un proceso complexo, evita que o Concello pague o custo do xestor de residuos correspondente, e ademais se poida beneficiar dunha compensación mínima. Esta compensación actualízase no novo convenio en 130€/tonelada, que recolle o novo acordo marco asinado entre a Administración autonómica e os Sistemas de Responsabilidade Ampliada dos Produtores (Scraps)
Os Scraps son os responsables de xestionar este tipo de residuos e, no caso daqueles aparellos recollidos nas instalacións de administracións locais deben achegar unha compensación económica.

Do mesmo xeito o Concello de Moeche renova a súa adhesión ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor en materia de pilas e acumuladores. O Concello aprobou a su adhesión na opción A , pola que seguirá sufragando a colecterización, a recollida e o transporte desde os puntos de recollida  ata o lugar de almacenaxe temporal no seu ámbito territorial e, por outra parte, recibirá unha compensación económica en concepto desas operacións. Nas próximas semanas, tras a xestion do novo conveio na correspondentee plataforma por parte das Administracións, ampliaranse os puntos de recollida de pilas.