Á espera de recibir os detalles da aplicación específica das novas condicións do nivel máximo, O Goberno municipal acordou, tras manter conversa coa Xerencia de Área Sanitaria e dado que o concello pasará hoxe martes ao nivel máximo, solicitarlle á Consellería de Sanidade a realización dun cribado masivo no noso concello

O Concello xa habilitou a pasada semana os accesos á beirarrúa do centro de saúde de xeito que as probas se poidan realizar desde os automóbiles da veciñanza para as probas de antíxenos que se estaban a realizar no centro de saúde. Moeche pon a disposición da Consellería de Sanidade as infraestruturas necesarias para poder realizar eses cribados, necesarios para poder controlar a situación epidemiolóxica que estamos a sufrir nos últimos días.

O Goberno de Moeche reuniuse a fin de semana para avaliar a situación e valorar, en coordinación coas autoridades sanitarias, as medidas extraordinarias que atinxen ao ámbito municipal. Acordouse inicialmente a suspensión de actividade deportiva, a realización de PCR ao persoal do SAF- xa rematada-, a reorganización do servizo de axuda no fogar e do servizo de axuda a facer a compra de alimentos e medicamento e novas adquisicións de material de protección.
Así mesmo, agardarase hoxe á comunicación detallada das medidas por parte da Xunta de Galicia ao longo da maña para ir adoptando de forma consensuada coa Administración sanitaria calquera outra medidas extraordinarias no ámbito municipal. Mentres o Goberno municipal acordou:
– Establecer de novo o sistema de cita previa para a atención ao público nas dependencias municipais e só para aqueles casos que non se poidan atender via telefónica ou telemática. O teléfono ao que solicitar a cita é o 981 404006 . Con todo, os trámites tamén se poden realizar telematicamente na web municipal www.moeche.gal.
– A suspensión da feira do próximo sábado, 23 de de xaneiro, e en función da evolución retomarase ou non o 11 de febreiro